HomesociedadeCurso de podoloxía práctica en vacún no CFEA de Monforte

Curso de podoloxía práctica en vacún no CFEA de Monforte

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte acolle ata o 28 de setembro un curso de podoloxía práctica en vacún dirixido a gandeiros profesionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa está integrada no Plan de formación ao agro galego que desenvolve a Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

A acción formativa, que se impartirá en horario de mañá e tarde, contará cunha duración total de 30 horas. Nese tempo, os asistentes coñecerán as particularidades do aparato locomotor da vaca, así como os problemas que poden padecer os pezuños e as súas solucións. Ademais, daráselles a coñecer o material que se emprega na podoloxía en vacún e mesmo poderán aprender a exercer en clases prácticas con animais. Por último, saberán como son os equipos de protección persoal e recibirán formación para previr accidentes, sen esquecer aspectos como a sensibilización medioambiental.   

O curso está integrado no Plan de formación ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que leva a cabo a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria. 

Polo tanto, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio. 

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...