HomesociedadeA UCI para o Hospital de Monforte chega ao Parlamento da man...

A UCI para o Hospital de Monforte chega ao Parlamento da man do BNG

O BNG levou ao Parlamento galego a actual situación do hospital de Monforte e da Sanidade nas comarcas do Sur de Lugo no que foi a área Sanitaria de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explican dende o BNG, é importante actuar na prevención para evitar danos previsibles, así Carmen Aira Deputada pola Provincia de Lugo, xunto a Olalla Rodil facían forza lembrando a “igualdade de dereitos de todas as persoas sen discriminación de ningún tipo, tampouco por motivos territoriais”, xa que logo toda a zona sur da provincia de Lugo atópase “en termos sanitarios” discriminada.

A deputada nacionalista criticou a política de “desmantelamento sanitario” practicada polo Goberno galego que lonxe de reforzar servizos  e aumentar medios humanos e físicos no hospital comarcal e no PAC de Monforte, así como nos centros de saúde dos concellos da bisbarra “só contribúe a aumentar a carga de traballo dos profesionais, sen mellorar a atención das persoas usuarias.”

Aira puxo de relevo as características sociodemográficas da bisbarra que “fan inviable termos a nosa UCI de referencia na capitalidade provincial, xa que contamos cunha poboación avellentada e moi distante da cidade de Lugo”  tamén salientou que a política sanitaria debe mellorar a atención e vida da poboación e o acceso a esta debe ser garantido polos poderes públicos.

Insiste en que esta cuestión preocupa e moito na contorna, polo que o bng promove unha moción pedindo a UCI para Monforte, nos diferentes concellos da bisbarras de Quiroga, Monforte e Chantada e para obter “dotacións suficientes e acadar a igualdade de atención co resto de Galiza e da provincia.”

ÚLTIMAS

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf...

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da...