HomesociedadeEntregadas dúas vivendas de promoción pública na rúa Armando Cotarelo de Monforte

Entregadas dúas vivendas de promoción pública na rúa Armando Cotarelo de Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

 A Xunta de Galicia vén de entregar dúas vivendas de promoción pública no casco histórico de Monforte de Lemos, situadas no edificio nº1 da rúa Armando Cotarelo. Trátase de dous pisos adxudicados en réxime de alugueiro, un deles cunha superficie de 80,92 metros cadrados e dous dormitorios, e o outro con 89,37 metros cadrados e tres dormitorios.

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, lembrou durante o acto de entrega das chaves ás persoas adxudicatarias que para optar a algunha destas promocións autonómicas é preciso inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma, accesible tanto a través da sede electrónica como nas oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...