HomesociedadeControlado o gromo da residencia de Bóveda

Controlado o gromo da residencia de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, asegurou este martes, 20 de outubro, que o brote de Covid-19 na residencia para discapacitados está "controlado" e apuntou que o contaxio de catro persoas, dous usuarios e dous traballadores, puido orixinarse nalgunha visita de "familiares" ao centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o alcalde, agora toca esperar “a ver como evoluciona”, á vez que revela que “se fixeron PCRs esta fin de semana ao resto de residentes e a todos os traballadores e de momento é o que hai”, ese catro casos detectados. “Estamos á expectativa se desde o Concello hai que tomar algunha medida especial, para iso estamos en continuo contacto con Sanidade”, puntualizou.

O José Manuel Arias confesou que hai preocupación entre os veciños, pola residencia e pola súa contorna. “Eu pido aos veciños que teñan moito sentido e responsabilidade”, apelou. “Na primeira onda houbo da orde de 25 casos, non houbo falecidos e esperemos que agora tampouco”, sinalou o alcalde. “Os dous casos de residentes producíronse na planta baixa onde está a xente máis delicada”, sinala.

O Concello de Bóveda tomou medidas de desinfección polo municipio, e agora están á espera de ver que medidas tomar coa Consellería de Sanidade. No centro afectado hai 116 usuarios, dous deles positivos, e case cen traballadores, entre os que se detectaron outros dous positivos.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...