HomesociedadeA violencia de xénero faise máis virulenta coa pandemia da Covid

A violencia de xénero faise máis virulenta coa pandemia da Covid

Hai mulleres para as que a casa é o espazo máis ameazante e perigoso no que poden estar. Mulleres que viven presas dunha longa pandemia á que agora se suma outra máis. Mulleres que saben o que é vivir illadas, confinadas, moito antes de que a Covid chegara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A violencia de xénero e a pandemia da Covid superpóñense e fanse máis fortes xuntas. A primeira delas precisa da socialización, da compañía e da axuda presencial para ser superada, e a segunda corre no camiño oposto: impón peches, restricións e confinamentos dentro das casas. Dende a chegada do virus, todas as mulleres en situación de violencia foron abocadas a convivir as 24 horas do día baixo a atenta mirada do seu maltratador. As expertas concordan en que esta pandemia resultou ser a tormenta perfecta para desatar a violencia de xénero no fogar, xa que a perda dos traballos, o incremento da convivencia e o malestar psicolóxico derivado da crise provocaron situacións límite que rompían no maltrato físico e psicolóxico contra as mulleres. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...