HomesociedadePreocupación polos contaxios de Covid en Lugo, Monforte, Viveiro e Vilalba

Preocupación polos contaxios de Covid en Lugo, Monforte, Viveiro e Vilalba

O Sergas informa de 1.361 pacientes con infección activa na provincia. Aumenta a presión hospitalaria, con 39 ingresos en planta e nove nas unidades de críticos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo día consecutivo no que a área sanitaria de Lugo supera o cento de casos novos de coronavirus confirmados a través de PCR. Foron 109 contaxios detectados nas últimas 24 horas, segundo información ofrecida polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A cifra ten impacto tamén sobre o total de casos activos, que se sitúan nos 1.361 (88 máis ca onte).

Con todo, o xerente da Eoxi, Ramón Ares, aseguraba este xoves que na última semana e, principalmente nos últimos días a incidencia foi moi importante cun incremento moi alto no número de casos que están aparecendo nos distintos concellos. Preocupa, dí, o concello de Lugo, pero tamén Monforte, Viveiro e Vilalba e “moitos outros concellos”. A situación repercute na presión asistencial dos hospitais da provincia, non só nas camas ordinarias, tamén na UCI. O Hospital Universitario Lucus Augusti conta 19 en planta e nove na UCI; o da Mariña, 18; e o de Monforte mantense con dous ingresados.

Ramón Ares insiste na importancia da responsabilidade individual, evitando as relacións sociais e autoconfinándose, con precaución no propio domicilio; limitando a actividade no exterior ao estrictamente necesario.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...