HomesociedadeParadela pasará a ponte de San Xosé con máximas restricións

Paradela pasará a ponte de San Xosé con máximas restricións

Tamén están na mesma situación Vilardevós e Maside, en Ourense.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Paradela permanecerá desde o día de San Xosé, festivo en Galicia, dentro das restricións máximas para tentar evitar a propagación do coronavirus, un nivel no que tamén está Vilrdevós e ao que se incorporará desde a medianoite dese venres o municipio ourensán de Maside.

Segundo as normas vixentes ata o momento, neste tres municipios quedarían, desde a medianoite do xoves ao venres, prohibidas as reunións de non convivintes e tampouco estaría permitida a mobilidade fóra do perímetro municipal, mentres que a hostalaría debería permanecer pechada, salvo o servizo de recollida e a domicilio.

Segundo o acordado polo comité clínico na súa reunión deste martes, nos municipios coruñeses de Sobrado, Neda e Arteixo, os pontevedreses de Soutomaior e Pontecesures, e os ourensáns de Boborás e A Mezquita rexerán as medidas de nivel alto.

De manterse as normas vixentes, os habitantes destes municipios só poderían moverse entre concellos deste mesmo nivel e poderían reunirse cun máximo de catro non convivintes. O interior dos locais de hostalaría debería permanecer pechado, mentres que poderían abrir as terrazas cun 50% de aforamento, ata as 18,00 horas.

No entanto, o debate sobre o alcance das restricións durante a Ponte de San Xosé en Galicia, incluída a opción dun novo alivio das medidas impostas para a hostalaría, proseguirá este mércores nunha reunión presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...