HomesociedadeA madrugada deste domingo 28 adiántanse os reloxos unha hora

A madrugada deste domingo 28 adiántanse os reloxos unha hora

A madrugada deste domingo, 28 de marzo, ás 02.00 horas serán as 03.00 horas e tras adiantar unha hora os reloxos, dará comezo o horario de verán, que se estenderá ata a última fin de semana de outubro, cando o reloxo volverá ao horario de inverno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co cambio de hora cúmprese coa Directiva Europea 2000/84/CE que segue afectando, sen excepción, a todos os estados membros da Unión Europea. As primeiras disposicións do horario de verán adoptáronse en Europa en 1980 e coa aprobación no ano 2000 desta directiva comunitaria fixouse o inicio do horario de verán o último domingo de marzo e a súa finalización na madrugada do último domingo de outubro.

Aínda que, no conxunto da UE no ano 2018 expúxose a proposta de eliminar o cambio de hora e iniciouse un proceso que aínda que consideraba suprimir este cambio en 2019, os entón Vinte e oito consideraron que a iniciativa era prematura e aprazouse a decisión ata o ano 2021.

En España, en 2019 o Consello de Ministros do 22 de marzo, a entón portavoz do Goberno e ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, adiantou que España mantería o seu fuso horario e o cambio de hora estacional mentres reflexionaba ata o ano 2021.

Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...