HomesociedadeNovos pasos para a obtención da DOP Aceite de Quiroga

Novos pasos para a obtención da DOP Aceite de Quiroga

O Concello de Quiroga e a “Agrupación de productores y envasadores de Aceite de Quiroga” seguen dando pasos para conseguir unha Denominación de Orixe Protexida Aceite de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No ano 2019 a “Agrupación de productores e envasadores de aceite de Quiroga” presentou unha solicitude para a tramitación dunha denominación de orixe protexida (DOP) co nome Aceite de Quiroga.

Despois de recibida esta solicitude, a Xunta de Galicia encargou unha serie de estudos para avalar a solicitude: un sobre a caracterización sensorial dos aceites galegos identificando parametros e detectando diferencias con outros aceites, e outro estudo histórico sobre o aceite de Galicia que presta atención especial á zona de Quiroga por ser a de máis tradición oliveira de Galicia.

Vistos estes estudos e a documentación presentada pola Agrupación, solicitouse un informe á Subdirección General de Calidad Diferenciada y Agricultura Ecológica do Ministerio de Agricultura coa finalidade de que os seus técnicos avaliaran a documentación presentada. Neste departamento advertiron da necesidade de completar varias partes importantes.

Unha vez recibido este informe, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria remitiuno á Agrupación sinalando os aspectos fundamentais que deberían ser reforzados. Neste punto, o Concello de Quiroga contactou co Profesor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, José García Queijeiro, para redactar o documento único e o prego de condicións, pola súa ampla experiencia na tramitación de DOP e IXP.

Esta documentación, para completar o expediente de xeito definitivo, entregouse na Axencia Galega de Calidade Alimentaria, o pasado martes 23 de marzo.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...