HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónA Pobra do Brollón, en nivel alto de restricións tras a Semana...

A Pobra do Brollón, en nivel alto de restricións tras a Semana Santa

A Xunta pecha A Pobra do Caramiñal e O Grove.

Publicado o

- Advertisement -

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona. No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 9 de abril.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...