Iniciosociedade"Non cumpriu as bases do contrato, actuou con mala fe e esixiranse...

“Non cumpriu as bases do contrato, actuou con mala fe e esixiranse responsabilidades,” asegura o alcalde de Monforte da anterior adxudicataria dos servizos turísticos

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, explica en rolda de prensa o que rodea á situación xerada arredor do Centro do Viño e outros servizos turísticos do concello. Referiuse especialmente á empresa que viña xestionando a Oficina municipal de Turismo ubicada no Centro do Viño, a UTE Rutas Sacras Nomar, representada por D. José Ramón Martínez Mareque.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembrou o alcalde que en data 15 de maio do 2013 o concello asinara contrato coa UTE Rutas Sacras Nomar para prestar servizo de coordinación, atención e organización da tenda do Centro do Viño, a Oficina de Turismo e o espazo expositivo do Centro do Viño,

O prazo inicial de duración estableceuse en dous anos, prorrogables por outros 2 máis, dende a sinatura da acta de inicio. Segundo sinalou o alcalde o contrato debería ter rematado o 3 de maio de 2017, pero o contrato “prolongouse dun xeito tácito porque o Concello non podía sacar o novo concurso debido a que había dificultades para levar a cabo a memoria económica correspondente, e era necesario seguir prestando o servizo.”

O Alcalde remarcou que na elaboración das bases do concurso feitas pola daquela interventora “utilizouse exclusivamente o Convenio colectivo estatal de axencias de viaxes en vigor naquel momento, publicado no BOE de 5 de outubro de 2009, vixente no ano 2013, e que polo tanto era polo que se rexían as bases de licitación para o concurso de 2013”.

A oferta da UTE no momento do concurso recolleu “o que estaba estipulado nas bases pero logo non aplicou ese convenio colectivo, senón que aplicou o Convenio do sector do ocio educativo e animación sociocultural”.

A diferencia entre un e outro convenio, explicou Tomé Roca, “é salarial e de categorías.” O persoal a contratar estipulado polas bases do concurso, tiña que ser persoal auxiliar de turismo cunha retribución anual, en 2013,  de 15.982,12 euros, e sen embargo, “polos datos que temos agora, en base ó Convenio de lecer, que era o que aplicaba a empresa, en vez de aplicar o recollido polas bases, en 2021, esta UTE tiña contratado ó seu persoal segundo a categoría de recepcionista-telefonista, cun soldo anual de 14.495,52 euros”. 

E segundo o Convenio vixente en 2016 de axencias de viaxe, o soldo estipulado para estas categorías é de 1.311,71 e o soldo mensual cando no de Ocio son 1.020 euros, practicamente  300 euros de diferencia de salario mensual”.

R.P. servizos turísticos Monforte / concello de Monforte

Sen embargo, o Alcalde sinalou que “o Concello de Monforte pagou todos os anos conforme á cantidade establecida nas bases do concurso, e respectando o convenio de axencias de viaxe, polo que isto incrementou o beneficio da empresa, ó non repercutir nos seus traballadores o salario que lles correspondía”.

Dificultades para sacar as bases do novo concurso e subrogación do persoal

Segundo o rexedor municipal dende o Concello tentouse sacar un novo concurso pero houbo dificultades para elaborar a correspondente memoria económica a cargo dos servizos económicos do Concello ao non coincidir os datos de persoal cos custes reflexados polas bases. Por estas dificultades, o Concello decidiu encargar a unha empresa externa a elaboración das bases do novo concurso. 

O 18 de decembro do ano 2019, o Concello solicitou por escrito ó adxudicatario que informara das categorías do persoal e dos seus salarios, información que non foi facilitada entón nin tempouco nun requerimento do concello do 10 de febreiro de 2021, no que se lle indicaba que “o servizo estábase prestando sen subxección ás condicións establecidas na licitación”.

Sinaladamente facíase constar no acordo que “esta circunstancia dificulta gravemente a elaboración da documentación relativa ao novo proceso de licitación, concretamente no que atinxe ás condicións de subrogación do persoal polo adxudicatario resultante”. Ademais o convenio incluído nas bases polas que a UTE adxudicataria se presentou ó concurso de xestión turística “non prevé a subrogación do persoal, en caso de cambio de empresa”, subliñou o Alcalde. A elo, había que engadir que os traballadores estaban encadrados en categorías diferentes ás marcadas polo convenio, co cal, por este motivo tampouco poderían ser subrogados.

Cando o Concello sacou o novo concurso, o Alcalde sinala que a anterior adxudicataria intentou en repetidas ocasións alterar as bases do concurso, “buscando que quedara deserto”. Finalmente adxudicóuselle á UTE “María Isabel Álvarez Sangil, Ruth Díaz Amor, Vicente Parra Vizcaino e Albergue Santiago 15, S.L, Unión Temporal de Empresas Ley 18/82, Numero 1”, que foi a única que se presentou e, resultou adxudicataria por lei, por reunir os requisitos incluídos no prego de condicións do servizo.

Unha vez adxudicada, o 15 de xuño de 2021 comunicouselle á empresa saínte que o 30 de xuño tiña que deixar libre as instalacións, para que comezara a traballar a nova empresa. Pero este relevo no servizo non se produciu, ao non entregarse as chaves como correspondía, o que supuxo un trastorno económico para o Concello ó verse obrigado a cambiar as pechaduras e non proceso contratar seguridade privada.

O Alcalde relatou que a terminal telefónica, que é un ben municipal, tamén desapareceu, ó mesmo que todo o material municipal da oficina, como a base de datos ou a información turística municipal “o cal evidencia mala fe”.

O Alcalde insitiu en que “o Concello fixo un concurso limpo e transparente e que estudiarían toda esta situación que se creou e esixirán as responsabilidades ás que haxa lugar.” Tamén lamentou “que toda esta situación a pagaran os traballadores, que son os que non tiñan que pagala. Hai un responsable que é a empresa que xestionou o Centro do Viño e que non cumpriu coas bases do concurso que se fixo no ano 2013”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...