HomesociedadeNovo curso de verán da USC en Monforte no que a Ribeira...

Novo curso de verán da USC en Monforte no que a Ribeira Sacra é a protagonista

Celebrarase na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, dende o vindeiro luns 19 e ata o venres 23 de xullo. O curso será inaugurado o luns 19 ás 9:30 horas polo Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé Roca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana o segundo dos cursos de verán que este ano celebra a Univarsidade de Santiago de Compostela na cidade. O Curso de Verán leva por título A Ribeira Sacra: paisaxe, patrimonio, gastronomía e terra de viños (Ribeiras do Miño) e está organizado polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e en colaboración co Concello de Monforte e a Deputación de Lugo.

O curso será inaugurado o luns 19 ás 9:30 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Desenvolverase ata o venres 23 de xullo e está dirixido polo profesor Ignacio J. Díaz-Maroto Hidalgo.

O programa está composto por charlas e sesións lúdico-formativas a cargo de docentes, investigadores e profesionais de diversas áreas como son a cultura tradicional, a conservación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, a paisaxe, a gastronomía e a viticultura. 

Ademais das charlas formativas, tamén está previsto a realización dunha viaxe pola Ribeira Sacra, que incluirá a visita ó Ecomuseo de Arxeríz, ó museo de San Paio de Diomondi, percorrerase un tramo do Camiño de Inverno. Tamén se visitarán dúas adegas da zona para realizar a correspondente cata de viños das últimas colleitas.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...