HomesociedadeO Consorcio de Turismo traballa na marca "Paisaxe Cultural Ribeira Sacra"

O Consorcio de Turismo traballa na marca “Paisaxe Cultural Ribeira Sacra”

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra aproba un orzamento de 1.311.249 euros para este 2021 e traballa na representación gráfica da marca "Paisaxe Cultural Ribeira Sacra".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra aproba un orzamento para este ano de 1.311.249, 00 euros, fronte aos 216.444,50 euros do ano 2020. Ademais das achegas dos concellos e entidades integrantes, colaboracións das Deputacións Provinciais de Lugo e Ourense e convenio de promociòn habitual da Axencia Turismo de Galicia, súmanse agora 848.000 euros do Plan de Sostibilidade para a anualidade 2021 e 278.000 euros dos Pacto pola Paisaxe.

En canto á marca Paisaxe Cultural Ribeira Sacra consiste na creación dunha nova identidade que reflexa os aspectos característicos, estratéxicos e únicos da Paisaxe Cultural e que foi consensuada previamente polo presidente e vicepresidente do Consorcio de Turismo, presidente do Consello Regulador da D.O. e presidente da Asociación Ribeira Sacra Rural. Tamén fou supervisada pola Dirección Xeral de Patrimonio.

“Tratábase dun obxectivo prioritario, pois a comunicación é un pilastre fundamental para o recoñecemento do BIC, para acadar a identificación da poboación local coa marca e para facer tanxibles e consumibles os valores que motivaron a súa declaración. Ademais, hoxe son moitas as referencias e logotipos que se están a empregar co nome Ribeira Sacra e urxía definir unha estratexia de comunicación unificada, que reforcemos entre todos,  e que protexa a identidade e os atributos da mesma,” sinalan desde o Consorcio.

O obxectivo que busca este novo logotipo é ser unha icona que todos (Consorcio, Concellos, Consello Regulador, Xunta de Galicia, …) integren progresivamente nos diferentes soportes de comunicación. Centrarán agora os nosos esforzos na elaboración de manuais de identidade para cada Administración implicada de xeito que dispoñan de cadanseus arquivos e instrucións para un correcto uso de gráficas unificadas nos diferentes soportes a empregar: papelería, insercións publicitarias, cartafoles, etc.

Consideran importante deseñar e maquetar un encarte no que que se explica o concepto de marca e a súa representación gráfica. O deseñador gráfico responsable deste primeiro bosquexo, seguirá a perfeccionar a imaxe para a sua presentación nos vindeiros meses.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...