HomesociedadeTorre da Homenaxe en azul polo Día da Dislexia

Torre da Homenaxe en azul polo Día da Dislexia

O Concello de Monforte súmase este venres, 8 de outubro, ó Día da Dislexia, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul turquesa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación Española da Dislexia ten por obxectivo, a través da iluminación de edificios emblemáticos desta cor azul turquesa, facer visible este trastorno da aprendizaxe que perxudica á lectura e á escritura. A campaña busca así sensibilizar sobre esta dificultade específica da aprendizaxe que se calcula  afecta ó 10% da poboación mundial.

“Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa, facéndoa así extensiva a toda a cidadanía, iluminando para elo de cor azul turquesa a Torre da Homenaxe, pois este trastorno da aprendizaxe calcúlase que en España afecta a 4,6 millóns de persoas e a 800.000 nenos e nenas”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca.

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se da en nenos e nenas que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e cuxo orixe parece derivar dunha alteración do neurodesenvolvemento. As persoas disléxicas manifestan de forma característica dificultades para recitar o alfabeto, denominar letras, realizar rimas simples e para analizar ou clasificar os sons. Ademais, a lectura caracterízase polas omisións, substitucións, distorsións, investimentos ou adiccións, lentitude, vacilacións, problemas de seguimento visual e déficit na comprensión.

Segundo a Federación Española da Dislexia, o principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co sistema educativo actual, pois, dentro deste, todas as aprendizaxes realízanse a través do código escrito, polo cal o neno disléxico non pode asimilar certos contidos de materias como Coñecemento do Medio, porque non é capaz de chegar ao seu significado a través da lectura. O neno/a disléxico debe poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, a perder a concentración, a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas.

A dislexia, supón moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda ou dificultades nas nocións espazo-temporais.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...