HomesociedadeGimena Rodríguez, 100 anos e tres celebracións

Gimena Rodríguez, 100 anos e tres celebracións

Gimena Rodríguez Tejelo é a nova centenaria de Quiroga. Esta fin de semana foi o día da súa onomástica e celebrouno 3 veces.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira celebración foi ca familia. Numerosos familiares entre os que se atopaban os seus tres fillos, os cinco netos e os catro bisnetos, déronse cita nunha comida que foi toda unha sorpresa para a homenaxeada que non esperaba xuntar a toda a familia pois non todos viven cerca.

Despois chegaría a celebración cos seus veciños. Aínda que natural de Barxa, cando casou foi vivir a San Vitoiro, outro núcleo do municipio a 2 km. e onde segue vivindo coa súa filla.

E a terceira celebración foi no Centro de Día da Ribeira de onde é usuaria. Arroupada polos compañeiros e traballadoras do centro e acompañada de música de gaitas chegaría a torta de celebración e tamén os agasallos. O propio alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, faríalle entrega dunha placa en recordo do seu centenario.

Gimena goza aos seus 100 anos dunha envexable saúde e  mostra diso foi que deu boa conta da torta de aniversario, acompañouna dun trago de sidra e incluso se atreveu cun baile. 

Moitos parabéns Gimena!

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...