HomesociedadeNova campaña arqueolóxica no "hórreum" romano da parroquia soberina de Proendos

Nova campaña arqueolóxica no “hórreum” romano da parroquia soberina de Proendos

Os traballos arqueolóxicos consistirán nunha escavación arqueolóxica nunha superficie de 35 metros cadrados co fin de definir espacialmente o hórreum para, posteriormente, recoller mostras e tomar imaxes topográficas e en 3D.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia e o Concello de Sober iniciaron esta semana unha nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos, en Sober, co obxectivo de consolidar o hórreum romano saído á luz nos últimos traballos feitos neste espazo e que supón unha estrutura única na Comunidade Autónoma.

A intervención que dá continuidade ás actuacións impulsadas nos últimos anos e nos que xa se descubriron numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o século I ata o século V. Nesta ocasión, a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de Sober, os profesionais da empresa Tempos Arqueólogos traballarán na zona do hórreum para consolidar a súa estrutura e rematar a escavación ata o límite da parcela dispoñible. Así mesmo, tamén se acondicionará a zona arqueolóxica para que poida ser visitada polo conxunto da cidadanía.

Os traballos complétanse coa instalación de postes delimitadores, a colocación dunha mesa interpretativa e a posta en marcha de accións de divulgación para dar a coñecer os traballos realizados e o valor deste xacemento entre a cidadanía.

Cómpre lembrar que neste lugar tense constatado desde antigo, a través de achados casuais e intervencións non sistemáticas, a aparición de significativas evidencias materiais de adscrición romana que van desde un gran número de fragmentos de tégula, ladrillos e cerámica, ata varios fragmentos de columnas, capiteis, basas, epígrafes e restos de canalizacións de granito, moitos dos cales aínda se conservan nos muros de peche e no interior das casas do actual núcleo de Proendos.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...