IniciosociedadeRutas para visitar a Papá Noel no tren do CCU do 22...

Rutas para visitar a Papá Noel no tren do CCU do 22 ao 24 en Monforte

O CCU de Monforte trae a Papá Noel os días 22, 23 e 24 de decembro e ponse en marcha o tren do CCU no que se pode viaxar presentando ticket de compra dalgún dos 150 establecementos asociados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os tickets de compra, válidos con data do 15 de decembro ou posterior, darán acceso, por orde de chegada e ata que se esgoten as prazas, a un adulto acompañado de dous nenos como máximo (só poderán acceder adultos sen nenos no caso de que algunha das viaxes non se complete).

O uso de mascarilla será obrigatorio para poder participar nestas actividades, independentemente da idade do beneficiario do servizo. As rutas terán as saídas e chegadas das casitas da Compañía:

MÉRCORES 22 de Decembro:
– Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h (rutas que visitarán a Papá Noel na Compañía, xunto ao Bar Cristal) – Tarde: saídas ás 16.30h, 17.30h e 18.30h (rutas que visitarán a Papá Noel no Barrio do Hospital, xunto ao Mercadona)
XOVES 23 de Decembro:
– Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h (rutas que visitarán a Papá Noel na Avda. de Galicia, zona gasolineira-xulgados) – Tarde: saídas ás 16.30h, 17.30h e 18.30h (rutas que visitarán a Papá Noel nos Chaos)
VENRES 24 de Decembro:
– Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h (rutas que visitarán a Papá Noel na Praza Doutor Goyanes) – Tarde: saídas ás 16.30h e 17.30h (rutas que visitarán a Papá Noel na Rúa Cardenal)


Ubicación de Papá Noel e horarios (visitas sen tren)

MÉRCORES 22 de Decembro:
– Mañá: de 11.30h a 13.30h estará na Compañía (xunto ao Bar Cristal) – Tarde: de 17.00 a 19.00h estará no Barrio do Hospital (xunto ao Mercadona)
XOVES 23 de Decembro:
– Mañá: de 11.30h a 13.30h estará na Avda. de Galicia (zona gasolineira-xulgados) – Tarde: de 17.00h a 19.00h estará nos Chaos
VENRES 24 de Decembro:
– Mañá: de 11.30h a 13.30h estará na Praza Doutor Goyanes – Tarde: de 16.30h a 18.30h estará na Rúa Cardenal (zona Banco Santander)

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...