Homesociedade400.000 euros para a recuperación do potencial forestal do Incio e Samos

400.000 euros para a recuperación do potencial forestal do Incio e Samos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou esta mañá no lugar de Trascastro (O Incio) o inicio das obras de restauración do potencial forestal danado por un incendio mediante a restauración hidrolóxica-forestal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións levaranse a cabo en varios montes dos concellos lugueses do Incio e de Samos. O delegado estivo acompañado polo alcalde do Incio, Héctor Corujo, e pola xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias.

Cun orzamento de máis de 400.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), os traballos afectan a unha superficie total de 85,98 hectáreas. A maioría dos traballos realizaranse no monte veciñal en man común de Trascastro. Tamén se intervirá nos montes de San Pedro e Ferrería no concello do Incio, e no monte de Coto Redondo, no concello de Samos. Todos estes montes están baixo a xestión da Xunta, a través dos respectivos convenios coas comunidades de montes veciñais en man común propietarias.

Javier Arias sinalou que con estas actuacións “preténdese recuperar o potencial forestal e a corrección dos desequilibrios hidrolóxicos ocasionados na cabeceira dos arroios”. Isto conseguirase coa creación de masas forestais en 50 hectáreas, a través da reforestación de case 30 hectáreas con piñeiro do país (Pinus pinaster) e piñeiro rubio (Pinus sylvestris), e a través de axudas para a rexeneración natural noutras 20, con bidueiro (Betula celtibérica).

As actuacións incrementarán a protección contra os lumes das masas creadas coa execución de máis de 30 hectáreas de devasas con pasteiros, a mellora de 12 quilómetros de vías e a construción de dous puntos de auga, amais da apertura dun novo tramo de pista de 600 metros e a creación de catro hectáreas de faixas de xestión da biomasa.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...