IniciosociedadeAs rutas en catamarán pola Ribeira Sacra comezan o 19 de...

As rutas en catamarán pola Ribeira Sacra comezan o 19 de marzo

A Deputación de Lugo pon en marcha esta fin de semana, coincidindo co día de San Xosé, a nova tempada das rutas en catamaráns pola Ribeira Sacra. Este servizo mantén os habituais percorridos: a ruta fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte de Sil, en Monforte de Lemos, e a Ruta Fluvial do Cabo do Mundo, que parte do núcleo de Belesar, en Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Máis de 200 persoas reservaron xa viaxe para esta primeira fin de semana de funcionamento das rutas. Na nova tempada mantéñense os dous percorridos cunha duración aproximada de 2 horas. No caso da ruta fluvial Canón do Sil funcionarán dúas travesías cunha capacidade total de 159 prazas, distribuídas en 107 no catamarán Mencía e 52 no monocasco Canón do Sil. Pola súa banda, a ruta fluvial Cabo do Mundo contará cunha capacidade total de 63 viaxeiros. 

Durante o mes de marzo, os catamaráns navegarán o sábado 19, o domingo 20 e a fin de semana do 26 e 27, en horario de mañá e tarde. Nos próximos meses de abril e maio, as rutas  polo Canón do Sil serán de mércores a domingo e, con motivo da Semana Santa, haberá servizo de luns a venres do 11 ao 17 de abril, ao igual que a semana do 16 de maio, con motivo das Letras Galegas. Neste período, no caso de Cabo do Mundo, haberá viaxes as fins de semana, a semana completa do 11 ao 17 de abril con motivo da Semana Santa, e os días 16 e 17 de maio coa ponte das Letras Galegas.

Na Ruta Canón do Sil en xuño, xullo, agosto e setembro haberá rutas todos os días, en horario de mañá, tarde e noitiña. A partir do 1 de outubro e ata a ponte de decembro pasarán a funcionar de mércores a domingo con dúas viaxes por día, a excepción da ponte de Todos os Santos, que haberá servizo tamén o 31 de outubro e o 1 de novembro.

No caso da Ruta Cabo do Mundo, en xuño habilítanse viaxes de mércores a domingo con tres frecuencias horarias. Para xullo, agosto e setembro o servizo funcionará durante toda a semana. A partir do 1 de outubro e ata a ponte de decembro pasarán a funcionar só as fins de semana, a excepción da ponte do 12 de outubro, que haberá viaxes do mércores ao domingo, e a ponte de Todos os Santos, que haberá servizo tamén o 31 de outubro e o 1 de novembro.

Ambas rutas rematarán a temporada na ponte de decembro con viaxes diarios do 3 ao 11 de decembro.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, anima á veciñanza a realizar unha destas viaxes que “dan a coñecer unha alternativa de lecer coa que poderán descubrir ou redescubrir unha paisaxe única, ademais de recursos patrimoniais vinculados ao románico”. Todas as persoas interesadas en coñecer as paisaxes da Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da institución provincial poden formalizar a súa reserva na web reservas.rutasembalses.es, ou ben de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas, no correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou no teléfono 982.260.196.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...