HomesociedadeEn marcha as obras de mellora da vía provincial entre Sarria e...

En marcha as obras de mellora da vía provincial entre Sarria e O Páramo

A Deputación de Lugo comezou esta semana as obras de renovación do firme da estrada LU-P-5705, que conecta os municipios de Sarria e O Páramo. Uns traballos aos que a institución provincial destina 75.700€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta vía une Mazadoiro e San Martiño da Torre por Escarlán, entre Sarria e O Páramo. Conecta uns 15 núcleos da comarca de Sarria nos que viven uns 300 veciños e veciñas, dando acceso directo a diferentes explotacións agrícolas e gandeiras, polo que as obras supoñerán un beneficio importante para a veciñanza e para os negocios da zona.

Os traballos consisten na limpeza de cunetas, pavimentación e sinalización vertical e desenvólvense nun treito de preto de 5 quilómetros, dende o punto quilométrico 7,7 e o 12,6. O prazo de execución é de 9 meses, pero estímase que se as condicións meteorolóxicas son favorables as obras poderán estar rematadas con anterioridade.

A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...