Homesociedade1,5 M € para a mellora de tres estradas autonómicas no sur...

1,5 M € para a mellora de tres estradas autonómicas no sur da provincia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia o reforzo do firme das estradas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, anunciou que a Xunta destina un orzamento de 1,5 millóns de euros para mellorar un total de 17 quilómetros das tres vías autonómicas. As empresas interesadas en presentar ofertas teñen aberto o prazo ata o 9 de maio.

Arias presentou o proxecto en Rubián (Bóveda), onde se mellorarán algo máis de catro quilómetros da LU-611, estrada de conexión con Taboada. Toda a actuación desenvolverase no termo municipal de Bóveda, desde a glorieta de Rubián -pq 1- ata o pq 5,030.

Na LU-617 está previsto acondicionar 11,5 quilómetros entre Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao), en concreto desde a glorieta na que conecta co corredor CG-2.2 (punto quilométrico 1,5) ata a intersección coa estrada LU-615 en Escairón (pq 13). O proxecto contempla a realización de fresados localizados e reposición do pavimento a carril completo con mestura bituminosa en quente nas zonas deterioradas. Tamén se acometerán recrecidos do firme a calzada completa en todo o ancho da plataforma na totalidade do treito.

En canto á LU-603, a actuación abranguerá a todalidade da vía, que ten unha lonxitude de 1,58 quilómetros e transcorre pola parroquia de Vilamelle (Pantón), onde enlaza no inicio coa N-120a e no final coa estrada de Sober. Na LU-611 e a LU-603 executarase a regularización do pavimento con mestura bituminosa nas zonas en mal estado. A actuación terá o ancho do carril completo. En ambos casos, realizaranse recrecidos do firme en toda a calzada.

O proxecto completarase cunha serie de intervencións para mellorar a seguridade e as prestacións das tres estradas, como a instalación de sinalización horizontal, tacos de resalto, captafaros, barreira de seguridade ou cunetas.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...