HomesociedadeA ocupación desta Semana Santa na Ribeira Sacra é a máis alta...

A ocupación desta Semana Santa na Ribeira Sacra é a máis alta dende que se teñen rexistros

Con respecto ao ano 2021, a ocupación nos días centrais de Semana Santa incrementouse na totalidade dos establecementos un 43%, sendo o grupo máis notable os dos hoteis de 4 e 3 estrelas, contando cun 54% máis de ocupación neste 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra informan dos datos de ocupación durante esta Semana Santa. Cos datos recollidos a data 19.04.2022, a porcentaxe de ocupación de luns a domingo nos aloxamentos de Ribeira Sacra foi dun 86%. Por categorías:

Días previos (luns a mércores):

  • Hoteis de 3 e 3*: 88%
  • Turismo Rural: 61%
  • Vivendas turísticas e de Uso Turístico: 98%
  • Outros alox.: 70%

Días centrais (xoves a domingo): 

  • Hoteis de 3 e 3*: 96% (+54% que no 2021)
  • Turismo Rural: 90% (+47% que no 2021)
  • Vivendas turísticas e de Uso Turístico: 100%
  • Outros alox.: 86% (Vivendas turísticas de Uso Turístico na comparativa de 2021 atopábase dentro desta categoría. Comparando co ano pasado, a ocupación para este grupo incrementouse un 26%)

O conxunto de aloxamentos acadou unha ocupación media dun 80% durante os días previos aos festivos e do 93% de xoves a domingo. Os hoteis de 4 e 3 estrelas, xunto coas vivendas turísticas e de uso turístico foron os establecementos que rexistraron maiores ocupacións durante todos os días da Semana. 

No período avaliado como “días centrais” (xoves a domingo), tívose en conta tamén a ocupación do domingo para o luns, tendo en consideración que en moitas CCAA e municipios é festivo o luns de Pascua.  As choivias dos primeiros días non surxidon efecto nas tan temidas “cancelacións de última hora” por mor da meteoroloxía. Así a ocupación final nestes primeiros días viuse incrementada entre un 5 e un 20% sobre as previsións iniciais. Os hoteis de 4 e 3 estrelas foron os máis beneficiados neste aspecto.  

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...