HomesociedadeInterior Galego Vivo constitúese como organización política para as eleccións locais do...

Interior Galego Vivo constitúese como organización política para as eleccións locais do 2023

Diversos colectivos cidadás e políticos xuntan forzas para a defensa do rural en Antas de Ulla, arredor de diferentes mesas de traballo temáticas. A Plataforma IGV constituíuse en organización política e constituirase como asociación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Asemblea que vén de celebrar Interior Galego Vivo decidiron constituirse como organización política para acudir ás eleccións locais de 2023, mantendo a autonomía e identidade de cada unha das agrupacións que participan dela.

A plataforma continúa a nutrirse de colectivos veciñais que, dende unha perspectiva cívica, teñen interese en favorecer que haxa grupos de traballo en cada municipio, que poidan reunirse e traballar en cuestións sociais, aínda sen o obxectivo de presentar unha candidatura municipal. A tal efecto, IGV constituirase tamén como asociación. 

IGV V asemblea / IGV

Nesta quinta asemblea, abordáronse as problemáticas do rural a través de varias mesas de traballo, nas que se aprobou afondar en cuestións como: necesidade de fomentar o transporte compartido no rural; a aposta por servizos sociais cen por cen públicos e a erradicación de macroresidencias; a necesidade de que estes servizos estean a un máximo de trinta minutos en coche de calquera das nosas parroquias; a implementación de ciclos formativos do sector agrogandeiro nas zonas rurais e que, en todo caso, teñan vinculación directa con traballos propios da zona.

Tamén abordaron a necesidade dunha fiscalidade que discrimine positivamente á poboación rural para contribuir a frear a caída demográfica, “traducida por exemplo en bonificacións fiscais na vivenda habitual ou na transmisión patrimonial de vivendas con valor inferior a 190.000 euros en concellos avellentados ou despoboados”, sinalan.

Para impulsar estes acordos, constituiuse unha coordinadora ampliada e reforzada na que se integrarán novas persoas e proxectos municipalistas e asociativos tanto de Lugo como de Ourense, sobrepasando a trintena de concellos. 

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...