HomesociedadeO día 2 inaugúrase en Sober unha área de autocaravanas de luxo

O día 2 inaugúrase en Sober unha área de autocaravanas de luxo

A empresa Solpor Camperpark Experience inaugura o sábado en Sober unha área de autocaravanas de luxo con 24 parcelas, piscinas e un terreo de 9.000 metros cadrados. E este venres o concello celebra portas abertas nas piscinas municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área está está instalada en Pacios de Bolmente, estrada Villoriz-Camilo, onde se desenvolverá a inaguración entre as 20:00 e as 00:30. Haberá pancetada a partir das 21:00 e actuación de Os Parentes, a partir das 22:00. Para rematar con queimada a partir das 23:30.

Desde a organización propoñen a posibilidade de probar as instalacións e para elo deben de chamar ao teléfono 613 302 940 e darase esa opción por orde de chamada ata completar aforo.

E este venres Sober celebra unha xornada de portas abertas nas piscinas municipais á que pode asistir de balde quen o desexe. O horario de acceso será de 15:00 a 21:00 horas de luns a domingo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...