HomesociedadeApadriña unha abella para axudar ao sector apícola no Courel

Apadriña unha abella para axudar ao sector apícola no Courel

O Concello de Folgoso do Courel e Mieles Anta lanzan unha campaña de colaboración para axudar a paliar os danos ocasionados pola vaga de lumes do mes de xullo no sector apícola.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando a campaña ‘Apadriña unha abella’ de Mieles Anta, empresa con sede en Bóveda, recadarase unha contía de 15 euros por apadriñamento dos que 2 euros destinaranse aos apicultores do Concello de Folgoso do Courel.

A cantidade procedente dos apadriñamentos que se faga chegar ao Concello destinarase a axudar ás persoas relacionadas co sector apícola que se viran afectados polos incendios forestais deste verán.

As persoas que desexen sumarse a esta iniciativa apadriñando unha abella recibirán como agradecemento un diploma acreditativo co seu nome e o que escolla para a súa abella, xunto cun tarro de mel de montaña Mel da Anta de 270gr, un tarro sorpresa e un pau mieleiro.

Deste xeito, apadriñando unha abella, ou as que se queiran, protexémolas, colaboramos na protección da biodiversidade e a seguridade alimentaria e axudamos na recuperación do sector apícola afectado polos incendios que este verán sacudiron O Courel. O apadriñamento pode facerse a través da web https://www.mielesanta.com/producto/kit-apadrina-a-una-abeja/

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...