HomesociedadeO Alcalde de Monforte mantén encontros coas parroquias

O Alcalde de Monforte mantén encontros coas parroquias

Estas visitas teñen como obxectivo informar aos veciños das obras realizadas polo Equipo de Goberno desde o 2015 e das que están realizándose nestes momentos.

Publicado o

- Advertisement -

A primeira xuntanza producíase este martes, 6 de novembro, cos veciños de Ribasaltas. Nesta parroquia fíxose un investimento de 170.000 euros. Pintouse o refuxio da Área Recreativa, repuxéronse os cipreses na contorna, colaborouse coa Festa da Empanada e iluminouse o campanario da igrexa. Fíxose o saneamento en Outeiriño e no Barrio e axudouse á ampliación do Campo de Golf. No capítulo de asfaltados, mellorouse o  camiño da Quintela (diante do local social), a pista de Vilanova a Ribasaltas, a entrada ao barrio da Veiga á Barxa (2 camiños), o treito desde o paso inferior de Renfe ata Pista do Canal, o camiño do Outeiriño e o treito desde o Campo Golf ata estrada de Lugo en Pacios.

Mellorouse o acceso á granxa na Eirexa e ó campo de fútbol en Barrio, ademais de asfaltar o pista que dá acceso ao Centro de Día que se acaba de abrir nesta parroquia. Revestiuse o local social e mellorouse a traída de auga de Barrio e Outeiro.

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...