IniciosociedadeO concello de Quiroga presenta a programación de Nadal

O concello de Quiroga presenta a programación de Nadal

Amplo abano de actividades relacionadas cos maiores, a cultura, o lecer e o deporte para estas festas. Moito onde escoller para estar activo durante o mes de decembro.

Publicado o

- Advertisement -

Dende as diferentes áreas que compoñen a organización competencial do goberno local de Quiroga están programadas diferentes e interesantes actividades.

Dende a Área de Infancia ofrécense: unha ludoteca os días 27 e 28, o obradoiro de cociña Minichef de Nadal en colaboración  con Albergue Municipal o día 29 e unha festa infantil con inchables no Polideportivo Municipal o 2 de xaneiro.

A Área de Cultura, ademais dos concursos xa en marcha, certame de poesía de Nadal, concurso de postais, certame de relato curto e concurso de fotografía Instaquiroga, hai outras actividades interesantes. Para os máis pequenos/as unha Videoconferencia con Papá Nöel o día 20 na Aula Cemit -Casa da Cultura- e para maiores a inauguración da IV exposición colectiva de pintura Ribas de Sil-Quiroga na sala de exposicións Manuel María. Para público familiar destacan tres eventos que terán lugar no Auditorio Municipal: o día 15 será o Concerto de Nadal coa actuación da Coral, o Grupo de Danza e Banda de Gaitas “San Martiño” e o Grupo de danza “Arume da Queiruga”, o día 22 Fran Rei poñerá en escena o seu “Concerto Magnífico” e o 29 actuará o grupo “Son do Sil”; estes dous últimos eventos grazas á colaboración da Deputación de Lugo.

En canto a deportes, a área correspondente organiza o Torneo de Fútbol-Sala de Nadal entre os días 26 e 30 e o 31 será a V Carreira andaina San Silvestre.

Os maiores tamén gozarán de atención nestas datas. O Centro Social desenvolverá campionatos de cartas, bingos, bailes todos os domingos e unha cea de confraternización o día 20. Dende este mesmo centro tamén se impulsa a campaña “operación quilo solidario” coa que se recollen produtos non perecedeiros e roupa para entregar entre familias necesitadas da contorna.

Para rematar, a Área de Xuventude organiza un Curso de Conmunity Manager na Aula Cemit da Casa da Cultura os días 21 e 22, diferentes campionatos  nos pubs da vila entre os días 22 e 29 de decembro e Cantos de Taberna o día 28.

A maiores de todo o anterior salientar tamén o espectáculo de humor que terá lugar o venres 7 no Auditorio Municipal ás 20:30 h. Nel, o quirogués Alberte Montes, actor e humorista, presenta “Alberte Montes, 10 anos”. Será un monólogo que recolla o mellor dos seus 10 anos de traxectoria na comedia. A recadación será a beneficio da ONG con sede na contorna, “Escuelas de la Tierra”.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...