Dúas alumnas do IES Río Cabe de Monforte acceden á Competición Estatística Europea

O equipo formado por Andrea Ferreiros Sánchez e Marina García Blanco de cuarto da ESO no instituto monfortino Río Cabe, quedou segundo na fase nacional da Competición Estatística Europea, o que lles dá acceso á fase europea, onde competirán con representantes doutros 14 países.

Marina García e Andrea Ferreiros. Foto: IES Río Cabe

O tándem formado por Andrea Ferreiros Sánchez e Marina García Blanco conseguiu, ademais, ser o equipo de Galicia que acadou a mellor posición nas sete edicións celebradas ata o momento desta Olimpíada.

Esta fase nacional da coñecida como Competición Estadística Europea está organizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) e a Facultade de Estudios Estatísticos da Universidade Complutense de Madrid (FEE). A finalidade desta competición escolar é promover a curiosidade e o interese pola estatística entre os/as estudantes ademais de fomentar o traballo en equipo.

Andrea e Marina tiveron que superar 2 probas, na primeira tiveron que superar dous test de coñecementos estatísticos e na segunda realizar un estudio sobre inserción laboral dos titulados universitarios.

A clasificación final e os traballos premiados pódense consultar na web do INE.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here