HomesociedadeO servizo de quirófano do Hospital de Monforte queda sen unha auxiliar...

O servizo de quirófano do Hospital de Monforte queda sen unha auxiliar de enfermaría

CCOO e CIG-SAÚDE amosan o seu rexeitamento á decisión da dirección do Hospital de Monforte, de deixar o servizo de quirófano sen unha auxiliar de enfermaría para trasladala ao servizo de esterilización.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo estes sindicatos chégase a esta situación como consecuencia da implantación do procedemento de trazabilidade no servizo de esterilización. CCOO e CIG-Saúde aseguran que desde a subdirección de enfermería do hospital se tiña recoñecido que o servizo de esterilización necesitaba máis persoal, pero a medida adoptada pola dirección foi reducir unha auxiliar no servicio de quirófano e pasala para esterilización.

Nestas circunstancias informan de que a maioría do persoal de enfermaría do servizo de quirófano decidiu cinguirse a “cumplir estrictamente” as funcións establecidas pola dirección do centro hospitalario.

Desde CCOO e CIG-Saúde informan de que o persoal do quirógano lle solicitou á xerencia do hospital a necesidade de recuperar a praza de auxiliar para manter a calidade deste servizo. E din non entender que se manteña por parte da dirección unha actitude “ditatorial e impositoria ante un persoal que leva 30 anos colaborando no bo funcionamento do servizo”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...