HomeSucesosUn incendio ameaza Montefurado, en Quiroga

Un incendio ameaza Montefurado, en Quiroga

O lume, declarado esta tarde na aldea veciña de Ermidón, está moi preto das casas.

Publicado o

- Advertisement -

Esta tarde, mércores 24 de xullo, arredor das 17:30 h. da tarde, a ameaza do lume volveu facer acto de presenza na contorna de Montefurado.

Se hai ben poucos días se daba conta dun lume nas inmediacións da ‘Boca do Monte’ -Montefurado-, na entrada do túnel que atravesa a N-120 antes de ver a aldea de Montefurado dirección Ponferrada, hoxe temos que informar doutro incendio, non moi lonxe do comentado. Neste caso disque o inicio tivo lugar un pouco máis arriba, na aldea de Ermidón, a un par escasos de quilómetros do lugar de Montefurado, capitalidade de parroquia.

O lume achégase perigosamente a esta fermosa aldea queimando monte baixo e piñeiros mentres que os efectivos antilume están dedicándose a pleno rendemento e varios helicópteros recollen auga do Sil para evitar que as lapas cheguen á poboación. A xente ten medo, corren as fotos por whatsapp e hai pánico malia que a estrada antiga que unía Montefurado con Quiroga poida facer de cortalumes.

Lume preto de casas habitadas en Montefurado. Foto: Manu

Medio Rural informa que van queimadas unhas 20 hectáreas, que traballan en labores de extinción 6 axentes, 4 brigadas, 7 motobombas, 7 helicóperos e 1 avión, e estamos comprobando “in situ” que o perigo aínda non se librou.

Coméntase, entre indignación, que xa está ben e que a ver se collen ao pirómano/a que ten fixación con este lugar. Lembramos que no tramo de N-120 que vai dende a altura de Figueiredo a Montefurado dende outono do pasado ano xa van máis dunha decena de lumes declarados con claros indicios de intencionalidade.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...