HomeSucesosTrasladado ao hospital un home tras incendiarse unha cociña de ferro en...

Trasladado ao hospital un home tras incendiarse unha cociña de ferro en Sober

Publicado o

- Advertisement -

Un home foi trasladado na mañá deste xoves afectado por inhalación de fume procedente dunha cociña de ferro que prendeu lume nun moble no municipio de Sober.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon no lugar da Cal, na parroquia de Barantes, no municipio de Sober, sobre as 7,00 horas deste xoves.

Tras recibir a alerta a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por parte do CIAE 112 solicitouse a intervención dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Sober. O home afectado por inhalación de fume foi trasladado ao Hospital de Monforte, sinalaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...