Tres investigados por furto nun parque eólico de Samos

A Garda Civil imputa en calidade de investigados a tres veciños de Lugo, de 32,25 e 22 anos de idade como supostos autores dun delito de furto de 6000 quilogramos de baleas empregadas para o encofrado dos alicerces de aeroxeradores.

Vehículo da Garda Civil / XdL

A Garda Civil investiga aos presuntos autores dun delito de furto, tras ter constancia da subtración nas obras dun parque eólico situado no termo municipal de Samos de baleas de distintos grosores e tamaños valoradas en 6000 euros.

No marco da investigación para localizar aos presuntos autores, axentes do posto de Samos identifican aos ocupantes dunha furgoneta na estrada LU-633 á altura de San Martiño do Real (Samos), localizando no seu interior uns 2000 quilogramos de baleas de encofrado procedentes, supostamente, das obras do parque eólico. As persoas investigadas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Sarria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here