- Advertisement -
Un operario faleceu este venres en Ribas de Sil despois de quedar atrapado debaixo da carretilla que manexaba.
Os feitos sucederon nun paso a nivel da rúa do Ferrocarril, sobre as 18:30 horas. O home atopábase trasladando unha carga dun tráiler no momento do suceso.
Varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido, que a súa vez informou ao 061, Bombeiros de Monforte, da Garda Civil, GES de Quiroga e Protección Civil.