A Garda Civil localizou en perfecto estado de saúde “de compras” no municipio de Carballedo (Lugo) ao home de 88 anos, identificado como Arturo Montes Álvarez, que faltaba do seu domicilio en Coles (Ourense) desde a tarde deste pasado martes, 20 de abril.
Así o informou o Instituto Armado, que relatou que o home foi achado con vida e “en perfecto estado de saúde” despois de que axentes da Benemérita visen o seu vehículo en Carballedo e “buscasen pola zona”.
O octoxenario, veciño de Pereira San Eusebio, no termo municipal de Coles, faltaba do seu domicilio desde as 16,00 horas deste martes. Conducía un vehículo Renault Clio branco.
As mesmas fontes destacaron, á espera de terminar o atestado, que o home dixo aos axentes que estaba por Carballedo porque “fora de compras”.