IniciosociedadeA Gala do Deporte de Monforte xa ten data de celebración

A Gala do Deporte de Monforte xa ten data de celebración

Os finalistas están divididos en 8 categorías e 10 disciplinas deportivas diferentes

Publicado o

- Advertisement -

No día de hoxe foi definida a data de celebración da Gala do Deporte do Concello de Monforte. Así, o vindeiro día 8 de Xuño, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, 27 profesionais do deporte local -deportistas, adestradores, árbitros e clubs- daranse cita para recoller os premios que acreditan a súa boa práctica deportiva.

O xurado deste ano está formado polo alcalde José Tomé Roca, o xornalista deportivo Miguel Piñeiro, o colaborador deportivo Xosé Antonio Díaz, o profesor e redactor Luis Conde, o técnico de deportes do concello, Óscar Rodríguez Pérez e tamén polo Xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero Méndez e o Deputado Provincial de Deportes, Pablo Rivera Capón. O pasado día 14 celebraron unha reunión previa onde seleccionaron ós gañadores desta edición.

Os candidatos a mellor deportista masculino absoluto son:

  • Manuel Freire Rodríguez na modalidade de piragüismo,
  • Alejandro Losada Rodríguez, Carlos Rey Cuadrado e Junio Luciano Martínez Castillo na modalida de taekwondo e
  • Manuel Hernández González na modalidade de golf.

Na categoría de mellor deportista feminina absoluta, as aspirantes ó recoñecemento son:

  • Sonsoles Martín Rodríguez e Saleta Fernández López na modalidade de atletismo e
  • Elena Valera de Fátima na modalidad e de taekwondo.

Categoría mellor deportista masculino promesa:

  • Aitor Teijeiro Elidio e Alejrando Fernández Franjo na disciplina de taekwondo
  • Mauro Casas Rodríguez na categoría de pesca e
  • Ismael Pérez Tierra na modalidade de natación.

Na categoría mellor deportista feminina promesa, as seleccionadas son:

  • Carmen Suárez Fernández na modalidade de baloncesto
  • Zeltia López Rodríguez na modalidade de pesca
  • Laura Álvarez Suárez na modalidade de taekwondo e
  • Lucía Varela Méndez na modalidade de natación.

En canto ós adestradores, estes son os finalistas:

  • Jorge Enrique Acosta López na modalidade de baloncesto
  • Antonio García Quintela na modalidade de pesca e
  • José María Vega Sánchez na modalidade de taekwondo.

Os árbitros nomeados ó galardón son:

  • Andrea Pérez dos Anjos na modalidad e de taekwondo e
  • Gonzalo Gómez Lemos en fútbol.

Os clubs finalistas polo seu bo facer deportivo son:

  • Sociedade Val de Lemos de pesca
  • Club Natación Monforte
  • Club Quixós de piragüismo e
  • Club Taekwondo Neka.

A última categoría é a de Deportividade e Xogo Limpo onde resultaron finalistas:

  • C.B. Val de Lemos en baloncesto e
  • Diego Mantilla Rodríguez en natación.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...