HomesociedadeO concello de Monforte séntese agraviado pola Xunta

O concello de Monforte séntese agraviado pola Xunta

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Monforte séntese agraviado pola Xunta

A Axencia de Turismo de Galicia desestima o recurso de alzada interposto polo concello para declarar a Feira Medieval como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 27/04/2018 | Actualizada ás 11:48

O Alcalde, José Tomé, e a concelleira de cultura, Marina Doutón, compareceron diante da prensa para comunicar o seu sentimento de agravio coa Xunta de Galicia ao rexeitar por segunda vez o recoñecemento solicitado para a Feira Medieval.

Marina Doutón e José Tomé Roca en rolda de prensa. Fonte: Concello de Monforte

Tomé lamenta que, para rexeitar a solicitude formal, o goberno galego alegue que a Feira carece da antigüidade mínima de 20 anos e que a dispensa para acceder ao recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia cumpridos os 15 de celebración é unha posibilidade e non unha obriga. En palabras do propio rexedor, a Xunta vén a dicir que non lles dá a gana de concederlle a Monforte este distintivo malia que cumpre cos requisitos esixidos.

O alcalde, apunta tamén que “o escrito da Xunta lémbranos que cando o evento cumpra os 20 anos, poderemos solicitar a declaración, pero ademais, tamén nos suxiren a posibilidade de interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados; pero iso non o imos facer. Darlles esa ledicia significa entrar nunha maraña legal, que vén durar o mesmo tempo que falta para que a Feira Medieval cumpra os 20 anos”.

O Concello de Monforte solicitoulle á Xunta a finais do pasado ano a declaración da Feira Medieval como Festa de Interese Turístico aproveitando que esta chegara á edición número XV e apoiándose en criterios que  xustificaban a aplicación da dispensa contemplada no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, que regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia. Acceder a ese mérito semellaba factible, a priori, pois no informe que acompañaba a solicitude documentábanse condicións e aspectos importantes para, nunha valoración conxunta dos mesmos, facer posible a excepción dos 20 anos que rexen como norma xeral. Entre os aspectos indicados están a singularidade do evento, o arraigo que ten na comarca, a realización de accións promocionais, o seu valor cultural e a continuidade do evento no tempo.

A resolución que desestima o recurso de alzada presentado polo Concello parece non acreditar nin desacreditar os elementos de valor anteriores e limítase a insistir que a norma xeral é que se conceda o recoñecemento a partir dos 20 anos ininterrompidos de celebración do evento.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...