HomeSucesos(AMPLIACIÓN) A operación policial en Monforte e Sarria desarticula a banda de...

(AMPLIACIÓN) A operación policial en Monforte e Sarria desarticula a banda de falsos vendedores de coches de luxo

Producíronse once detencións e rexistros domiciliarios nestas dúas localidades, ademais de en Ourense. Trátase dos integrantes dun grupo criminal que intimidaba, agredía e roubaba os compradores de coches que previamente anunciaban por páxinas de Internet.

Publicado o

- Advertisement -

EFE/Redacción.- Axentes do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil están a practicar desde primeiras horas desta mañá de xoves diversos rexistros domiciliarios nas localidades de Monforte de Lemos e Sarria, nunha operación conxunta contra unha banda relacionada con asaltos e roubo e intimidación a persoas que querían adquirir vehículos de alta gama previamente anunciados en páxinas de compravenda.

Fontes policiais confirmaron a EFE que esta operación está a ser coordinada por un Xulgado de Ourense, que decretou o segredo de sumario. De feito, os mesmos informadores precisaron que se practicaron varias detencións e tamén se realizaron outros rexistros domiciliarios na cidade de Ourense.

En total, procedeuse á detención de once persoas, veciñas de Monforte, Sarria e Ourense.  Algúns dos detidos xa contan con diversos antecedentes por delitos contra o patrimonio. A operación continúa aberta e prevense máis arrestos.

O inicio das investigacións remóntase ao mes de setembro, cando as persoas agora detidas levaroon a cabo a súa primeira acción no lugar de Treilán (Sarria). Baixo a escusa de efectuar a venda dun coche, asaltaron a punta de pistola os compradores que se desprazaron ata o lugar. Acabaron por roubarlles o diñeiro pactado previamente por Internet, a fío do anuncio do vehículo que ían adquirir.

A este feito seguíronlle outros de similares características en Monforte de Lemos, San Miguel de Donas (León) e Coles (Ourense) durante os últimos meses. En todos eles, a maneira de actuar foi semellante. Os autores, despois de intimidar os compradores con armas de fogo, agredíanos e inmobilizábanos para poder subtraerlles o diñeiro.

OUTROS DELITOS

Ademais dos citados delitos violentos que motivaron a investigación, no transcurso desta púidose constatar tamén a súa participación noutros delitos de estafa e apropiación indebida, consistentes na venda de polo menos 3 furgonetas ou autocaravanas de elevado valor que antes foran alugadas.

Acaba no hospital e sen 20.000 euros tras ser vítima dunha banda de falsos vendedores dun Porsche

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...