HomeCulturaTeatro, cine e música

Teatro, cine e música

Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e O Saviñao acollen algunhas das citas culturais dos vindeiros días.

Publicado o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Monforte acolle este xoves, 29 de novembro, a partir das 16.00 h a proxección da curtametraxe Miña. A cita forma parte das actividades organizadas polo Concello, a través do Centro de Información á Muller, para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero.Despois da proxección haberá unha charla impartida pola psicopedagoga Elsa Rodríguez Prieto, na que se falará sobre a violencia machista.

Tamén este xoves desenvólvese na cidade do Cabe unha nova representación da Rede Galega de Teatros. A cita será a partir das 20.15 no Edificio Multiusos. Teatro do Atlántico porá en escea Dúas donas que bailan. O prezo da entrada xeral é de 5 €, estudantes, desempregados e xubilados 3€.

Cine tamén este xoves na Pobra do Brollón. Porase o punto e final ao I Ciclo de Cinema Galego da Pobra do Brollón. Ás 20.00 h no salón de actos da Casa da Cultura Olga Novo proxectarase A Esmorga. Da mesa redonda posterior participarán o director, Ignacio Vilar e a poeta Olga Novo. Para a mesa redonda recoméndase aos asistentes (re)ler a novela.

E xa con vistas á fin de semana o Círculo Saviñao acolle o concerto de Red House. A formación é o resultado da experiencia e amistade entre Jeff Espinoza e Francisco Simón que se coñeceron como integrantes dos Flying Gallardos para crear esta formación que se presenta como unha das mellores bandas de blues de Europa. A cita será o sábado 1 de decembro a partir das 23.00 horas aberta a todos os interesados.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...