HomeTerra de LemosPantónO BNG pide que se limpen as estradas do concello

O BNG pide que se limpen as estradas do concello

O BNG de Pantón insta aos gobernos municipais e provinciais a rozaren os arredores dos viais.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Pantón levará ao vindeiro Pleno da Corporación unha moción para solicitar aos gobernos municipal e provincial que procedan con celeridade a rozar os arredores dos viais da súa titularidade.

“Este é un traballo que debían realizar de oficio, e que ademais o aumento do tránsito rodado e de viandantes no periodo estival, así como as condicións meteorolóxicas aumentan a perigosidade tanto de potenciais accidentes como de lumes“, indican os nacionalistas.

“Agardemos que os gobernos municipal e provincial procedan a cumprir coa súa obriga” di a portavoz municipal do bng en Pantón, que non se explica como “persoas que viven aquí non ven que isto é unha necesidade e que tería que estar prevista, pero a planificación é inexistente neste concello e isto tamén afecta ás rozas”.

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...