Alta taxa de positivos na provincia de Lugo

A porcentaxe de positivos en probas PCR nesta área sanitaria é do 13,7%, a taxa máis alta de Galicia. Séguenlle Ferrol cun 12,4% e Vigo que alcanza o 10,9%. Este venres falecía unha muller de 85 anos no Hospital Comarcal de Monforte.

Proba de COVID19 | ALX

O número de positivos dentro da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte dispárase ata os 114 casos detectados, 72 máis que o pasado venres.

A  porcentaxe de positivos en probas PCR nesta área sanitaria é do 13,7%. Mentres, o número de casos activos é de 1.109, con 56 novos casos máis que a no último cómputo realizado.

Na tarde deste venres a Consellería notificaba 10 novos falecementos con coronavirus, un deles no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, concretamente unha muller de 85 anos.

Información máis ao detalle do aumento de positivos en Galicia no dixital Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here