HomeSucesosCirculaba dirección Ourense e asegura que ía a Monforte

Circulaba dirección Ourense e asegura que ía a Monforte

A Garda Civil investiga ao presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir un turismo con perda de vixencia do seu permiso de condución e realizando un desprazamento non autorizado

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil nos dispositivos planificados nas vías públicas da provincia de Lugo, co obxectivo de garantir a seguridade cidadá e de velar polo cumprimento das limitacións á circulación das persoas no vixente estado de alarma decretado con motivo do COVID-19, veñen detectando infraccións relacionados coa normativa de seguridade viaria.

Na tarde deste venres, 10 de abril, a Garda Civil atopábase realizando un punto de verificación de persoas e vehículos no quilómetro 527,800, da estrada N-120 (Logroño – Vigo), termo municipal de Sober (Lugo), onde procederon a inspeccionar un turismo no que viaxaba un home de 57 anos, condutor e único ocupante. Ao ser preguntado polo motivo da súa viaxe manifesta que se dirixía ao centro hospitalario da localidade de Monforte de Lemos, pero circulaba dirección Ourense, polo que a Garda Cilvil considera que era un desprazamento non autorizado.

Posteriormente a Garda Civil comproba que o condutor carece de autorización administrativa para a condución de vehículos de motor, ao constarlle unha perda de vixencia administrativa desde o ano 2017. Procédese á instrución de dilixencias policiais por un suposto delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...