HomePolíticaAgroma Sober presenta unha "candidatura de mulleres para transformar o concello"

Agroma Sober presenta unha “candidatura de mulleres para transformar o concello”

Agroma Sober presenta, ás eleccións de maio, unha lista de 20 persoas nas que as 11 titulares son mulleres, co obxectivo de cambiar a tendencia da escasa participación feminina na política municipal dos concellos pequenos.

Publicado o

- Advertisement -

Agroma Sober asegura que quere facer política no Concello dende as necesidades e anhelos das mulleres de Sober. A lista está encabezada pola Deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, acompáñana nos 6 primeiros postos, os necesarios para a maioría absoluta neste concello, Samanta Fernández Cortés, María Teresa Grau López, María Rodríguez Trigo, María Otilia Arias García e Eva Abal Tobío.

O resto da lista complétase con Tania González Piñeiro, Sonia Álvarez Carnero, Alexandra Patricia García Rodas, Bandia López Arias e María Luisa Vázquez Freire. Destas 11, só 3 participaran na anterior candidatura municipal no 2015, co cal Agroma Sober adquire unha gran compoñente de renovación.

De suplentes irán: Branca Neves Fernández Rivero, Diego Xesús López González, Esteban José Sánchez López, José Álvarez Díaz, Ramón Sandoval Pérez, Ramón Martínez Díaz, Blas Díaz Pérez, Juan Carlos Piñeiro Vázquez e Xesús Verao Pérez, que veñen participando en Agroma Sober dende a súa fundación.

ÚLTIMAS

Un cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos de odio e as súas consecuencias na sociedade

A actividade contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria e...

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...