HomeEconomíaAxudas á contratación de persoal de turismo en municipios turísticos

Axudas á contratación de persoal de turismo en municipios turísticos

A Xunta de Galicia inviste 57.000 euros no financiamento dos gastos de contratación de persoal nas oficinas de turismo de dez concellos lucenses declarados municipios turísticos e do xeodestino da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Este programa da Xunta concede a axuda a todos os xeodestinos e aos concellos que contan coa declaración de municipios turísticos sempre que o soliciten en tempo e forma. Cada un recibe arredor de 5.000 euros para financiar os custos salariais dun técnico no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Na provincia, os concellos beneficiarios son os de Mondoñedo, Foz, Sober, Sarria, Quiroga, Ribadeo, Viveiro, Samos, Chantada e Palas de Rei, e tamén o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que xestiona este xeodestino.

Como medida de fomento do emprego, o persoal que se contrate deberá figurar como desempregado, ou demandante dunha mellora de emprego, no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Igualmente, deberá ser persoal cualificado, en posesión dalgún dos seguintes títulos ou habilitacións: técnico superior en Información e Comercialización Turística ou técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística; técnico en Empresas e Actividades Turísticas, grao ou diplomado/a en Turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo, ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante.

ÚLTIMAS

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...