HomeDeportesCarreira popular na xornada de reflexión

Carreira popular na xornada de reflexión

O Concello de Pantón organiza a XIX Carreira Popular Rota do Románico.

Publicado o

- Advertisement -

Hoxe, 25 de maio, pola tarde, este concello da Ribeira Sacra énchese de deportistas para competir nas diferentes categorías desta proba popular que tanto éxito esperta estes últimos anos.

A entrega de dorsais e chips de cronometraxe entregaranse pola tarde na carpa da organización que se situará diante do edificio sociocultural de Castro de Ferreira entre as 16:30 e as 18:30 h.

A saída das categorías infantís empeza ás 18:00 h. e a da categoría absoluta ás 19:00 h. O percorrido desta última é de 6.270 metros e hai un total de 137 inscritos. O trazado da proba discorre por un tramo urbano de Castro de Ferreira e contorna rural da capitalidade, tendo que dar 2 voltas ao circuíto deseñado.

Todas as corredoras e corredores teñen á súa disposición servizo de gardarroupa e duchas no complexo deportivo de Montebaliño, a un quilómetro da meta.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...