HomeSucesosLume na contorna do túnel romano de Montefurado

Lume na contorna do túnel romano de Montefurado

Un incendio forestal, declarado ao redor das 17:15 h. desta tarde na parroquia de Montefurado, no Concello de Quiroga, obrigou a cortar puntualmente a N-120 para facilitar os labores de extinción.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo unha testemuña dos Covallos, antigo Poblado de Iberduero, parroquia de Montefurado, o lume puido empezar na beira da N-120 dirección Quiroga e pasado o túnel desta estrada á altura do coñecido túnel romano de Montefurado.

No lugar coñecido como ‘O Muñón’, onde se xuntan os ríos Bibei e Sil e onde se atopa o solar dun proxecto de gasolineira frustrado, foi quizais o punto onde se orixinou o lume que se propagou rapidamente pola ladeira da montaña dirección Montefurado e remontando por enriba do túnel da N-120.

Comezo do lume. Foto: Rubén

Como se pode aprezar nas fotos cedidas a Xornal de Lemos, o lume chega moi preto do túnel romano de Montefurado, lugar emblemático para o Xeoparque Mundial da Unesco Montaas do Courel e espazo recoñecido como BIC da Ribeira Sacra.

A persoa coa que falou Xornal de Lemos tivo a oportunidade de ver a evolución do incendio ao vivir do outro lado do río Sil, no lugar dos Covallos. Comenta que houbo momentos nos que se tivo que cortar o tráfico de N-120 para poder traballar na extinción e que incluso se deu a situación de que o lume pasou esta estrada e prendeu no monte que queda na beira contraria entre a vía de comunicación indicada e o río Sil. “E que non veña unha moxena ata aquí e nos prenda tamén” comentaba.

Vista do lume dende o lugar dos Covallos. Foto: M. G.

Consultadas as fontes da Consellería de Medio Rural sabemos que o lume segue activo pero con evolución favorable e que efectivamente houbo cortes puntuais na N-120 para facilitar labores de extinción. Nos traballos mobilizáronse 4 helicópteros, 8 brigadas, 3 axentes e 4 motobombas. O lume está afectando a unhas 8 hectáreas de monte raso e a circulación na N-120 está totalmente reestablecida.

Agora, só queda esperar que se extinga totalmente evitando que o lume chegue á aldea de Ermidón e á de Montefurado pola ladeira que avanzaban as lapas.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...