HomeCulturaA Feira Guímara volve á Pobra do Brollón para lembrar o seu...

A Feira Guímara volve á Pobra do Brollón para lembrar o seu pasado máis rebelde

O día 13 de xullo terá lugar a sexta edición desta festa, que conmemora a revolta dos habitantes desta área contra o Conde de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

O sábado 13 de xullo terá lugar na Pobra do Brollón a VI edición da Feira Medieval Guímara. Esta festa rememora a revolta dos veciños da área deste concello contra o Conde de Lemos, que tentou cobrarlles impostos se ter dereito sobre o territorio. Segundo di a historia, os veciños foron derrotados polas tropas do nobre, pero a súa fama de rudos, valentes e desconfiados mantívose co nome que lles deron: guímaros.

O evento comezará pola mañá, ás doce do mediodía, co pregón da poeta guímara Noa Moreira. Ás 12:45 os veciños do concello representarán a revolta ataviados con traxes da época. Posteriormente, un grupo de música tradicional será o encargado de realizar o pasarrúas que precederá ao xantar popular no campo da feira, ás 14:30. Para participar deste menú será preciso mercar vales no restaurante Avenida.

Durante a tarde Cé Orquestra Pantasma amenizará o ambiente a partir das 17:30. Pola súa parte, o arqueólogo Xurxo Ayán será o encargado de dirixir unha visita guiada polo casco vello da Pobra ás 18:30 e ás 19:30 comezará un xogo de probas infantil. Para esta actividade tamén será preciso inscribirse a través do teléfono 650 624 828. A música volverá ás 20:30 con outro pasarrúas a cargo do grupo de tamborileiros Aperca e coa sesión de cantos de cego ás nove da noite. As actuacións estrela virán á noitiña, con Celso Sanmartín ás 21:30 e o fin de festa co grupo Aperca ás once.

Ademais, durante toda a xornada haberá espectáculos de cetraría, demostracións de oficios tradicionais e diversos postos de artesanía.

Cartaz da VI Feira Guímara / Cedido

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...