HomePolíticaA alcaldesa de Sarria, en pé de guerra contra Balseiro

A alcaldesa de Sarria, en pé de guerra contra Balseiro

As disputas entre Pilar López e Balseiro son o resultado dunha serie de acusacións cruzadas no tocante á xestión de recursos e inversións feitas en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informou o  XdL, a guerra aberta entre o PSOE de Sarria e o Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, parece non ter fin.

Pilar López Yáñez, alcaldesa de Sarria denuncia que Balseiro a culpe da perda da Risga por parte do seu concello. Segundo a rexedora, un fallo no programa informático por parte da Xunta de Galicia impediu que se entragara dentro do prazo establecido a axuda económica. “Sorpréndeme que o Delegado da Xunta no lugar de asumir o fallo informático da plataforma da administración que representa, culpe ós demais. Resulta escandaloso que o máximo representante da Xunta na provincia de Lugo anuncie publicamente sen comunicarllo ó Concello a perda inxusta destas axudas, cando a administración local recorreu debido a dito fallo”. Con estas palabras, a alcaldesa deixa constancia da súa oposición a cada unha declaracións vertidas por Balseiro contra as actuacións do organismo municipal.

Finalmente, a alcaldesa faille un chamamento a Balseiro co obxectivo de poñer fin a unha situación de ataques e improperios, “dende o PSOE de Sarria solicitámoslle a Balseiro que se deixe de atacar, e que exerza de Delegado, traendo proxectos de verdade e que melloren a calidade de vida dos veciños, e non traer ridículas inversións ou sacarse fotos vendendo gastos correntes”.

ÚLTIMAS

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...