HomeMedio ambiente e PatrimonioAgroma Sober pide un censo de edificios en ruína para acabar co...

Agroma Sober pide un censo de edificios en ruína para acabar co abandono

O partido soberino reclama a axilización dos expedientes máis perigosos e demanda unha maior concienciación sobre o abandono de vivendas e as posibilidades de rehabilitación.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Municipal de Agroma Sober acaba de presentar unha moción no concello na que propoñen unha serie de medidas para acabar co abandono de vivendas no concello. En primeiro lugar, piden a creación dun censo de edificios en risco de ruina, así como un rexistro dos núcleos rurais en situación de abandono. En segundo lugar cren que é clave impulsar de oficio os expedientes relacionados con casos perigosos e resolver os pasos a seguir canto antes (derrubo, rehabilitación, alugueiro…). Finalmente, reclaman que dende o Concello se impulsen coloquios e obradoiros sobre rehabilitación de edificios.

Dende o grupo de Agroma Sober consideran que o estado de moitas vivendas supón un risco para as persoas e para outras edificacións. Destacan que se trata dun problema crecente no rural en despoboamento, e sinalan que Galicia é a comunidade cunha maior porcentaxe de vivendas en estado ruinoso, malo ou deficiente cun 11% do total.

Doutra banda, cren que o Concello ten mecanismos para divulgar as técnicas e posibilidaes de rehabilitación, un procedemento máis eficiente, barato, ecolóxico e respetuoso co entorno ca unha edificación de nova construción.

ÚLTIMAS

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...