HomesociedadeEnfermeiros eventuais pola conciliación laboral

Enfermeiros eventuais pola conciliación laboral

O día 12 de agosto a organización Enfermeiros Eventuais en Loita convoca concentracións diante dos centros de saúde e hospitais de toda Galicia, como xa leva facendo varios meses. Nesta ocasión reivindican a conciliación laboral.

Publicado o

A iniciativa, “12 meses, 12 loitas”, nace da necesidade de visibilizar este movemento. Desde o colectivo aseguran que a OPE negra do 12 de maio foi o punto de inflexión, que as levou a tomar medidas “vendo como as nosas condicións laboráis empeoraban por momentos, e sen ter dereito a réplica.”
Cada mes reivindican unha causa e este día 12 céntranse na conciliación laboral, polas dificultades que aseguran que teñen para conciliar familia e traballo nas actuais condicións do SERGAS para o persoal eventual.
Coa concentración do día 12 queren lembrarlle á cidadanía que loitan polos seus dereitos como traballadores e polos seus dereitos como usuarios do sistema  público de saúde, “para que teñan unha asistencia de calidade como merecen”. Aseguran que a poboación debe de coñecer a realidade do que acontece co sistema de saúde, que dín “está lonxe dos datos falsos e contradictorios que ofrecen os políticos.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN:“Un saquiño de desexos nas costas do Apalpador para o 2026”        

Nun Nadal cada vez máis celebrado como estratexia capitalista fronte ao nacemento da vida,...

Estradas afectadas por acumulacións de neve na provincia

As vias máis afectadas -con acumulacións de neve entre os 10 e os 20...

Premio Extraordinario de FP da familia de Administración para un alumno da Pinguela

A Xunta de Galicia vén de entregar os premios aos mellores resultados académicos. Un...