HomesociedadeRede profesional de turismo científico para o territorio Ancares-O Courel

Rede profesional de turismo científico para o territorio Ancares-O Courel

O obxectivo desta iniciativa da Deputación e de Observer Science Tourism é impulsar novas iniciativas turísticas vinculadas á ciencia neste espazo natural da provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Rede Profesional estará formada polos 16 concellos da provincia deste espazo natural, universidades, administracións encargadas da planificación e deseño de políticas turísticas, xestores públicos e tamén empresas de turismo, fundacións e investigadores, entre outros, vinculados ao turismo científico deste territorio.

Con esta iniciativa, a Deputación continúa desenvolvendo actuacións que reforzan a oferta turística da provincia e posicionan Os Ancares e O Courel como un destino turístico diferenciado, baseado na sustentabilidade, e vinculado ao turismo de natureza e á ciencia cidadá.

A deputada García Porto subliña que “O obxectivo da Rede é ser unha plataforma de difusión, cooperación, deseño e planificación de novas estratexias que posicionen esta zona da provincia de Lugo como un destino turístico diferenciado, baseado na sustentabilidade, e vinculado ao turismo de natureza e á ciencia cidadá”. 

No marco do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020 enmarcouse a creación dun ecosistema integrado de Turismo Científico nos Ancares e O Courel que iniciou a Deputación en agosto de 2018. Posteriormente este territorio recibiu a certificación Espazo Observer Turismo Científico que avala o potencial deste espazo natural como reserva científica.

A Rede Profesional de Turismo Científico para o territorio dos Ancares e O Courel é unha das 10 accións que está a desenvolver a Deputación para potenciar un turismo de natureza diferenciado na provincia e atraer máis visitantes. Entre as accións rematadas neste último ano, ofreceuse formación para capacitar a 25 persoas como guías de turismo científico; creouse un vídeo promocional dos valores naturais deste destino de turismo científico e tamén unha guía dixital de roteiros; estanse sinalizando os 5 itinerarios científicos e, en breve, contarse cunha nova web e unha APP descargable con toda a información necesaria para que os visitantes poidan coñecer e percorrer os recursos científicos, naturais, culturais máis relevantes deste territorio.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...